TITERES TRES GLOBOS. Campaña escolar.
A compañia de TITERES TRES GLOBOS, comenzou a súa andaina ala polo ano 1.997, participando nos circuitos profesionais da Deputación de A Coruña, Rede de teatros e auditorios de Galicia, varios programas da Consellería de Cultura e outros circuitos de teatro profesionais. Observando que a contratación de teatro e sobre todo teatro de titeres era practicamente inexistente nos colexios, debido fundamentalmente a que estos espectáculos son bastante caros e que en moitas ocasións non hai un espazo adecuado nos colexios para a sua realización.
No curso 2005/2006 esta compañia propuxo os colexios un sistema de contratación basado na taquilla, e decir, cada neno/a paga unha entrada (según tarifa que verá despois). Neste curso participaron 60 colexios con un total de 8.200 alumnos de infantil e primaria. No curso 2006/2007 a participación foi de 91 colexios con case 12.000 alumnos.
O exito de esta campaña, ademais de que sae bastante económico, reside en que se fan varias representacións, incluso dous dias seguidos (sen coste a maiores) según o numero de nenos e a sua edade, evitando a masificación dos nenos nunha única función. Ademais, evita o coste de desprazamento e todos os problemas que conleva.
TARIFAS CURSO 2011/2012:
O prezo da entrada por neno/a é de 2 € (Para colexios de 100 ou menos nenos, a tarifa é de 200 Euros)
A partir de 200 nenos/as hai un desconto do 25% (1,5 €)
O número de actuacións no colexio, non afecta o prezo, trátase de que as actuacións non estén masificadas.
Tres actuacións como maximo por día
Estes prezos levan o IVE (8%) incluido
Condicións ou aclaracións ou recomendacións
O ideal no caso de alumnos maiores é facer cada función con un máximo de 120 nenos. Se no seu colexio hai máis nenos, pódense facer hasta 3 representacións nunha maña, aproveitando o espacio do recreo para facer un pequeño descanso entre funcións.
Para a montaxe do teatrillo, preciso 90 minutos
A duración do espectáculo é duns 35-40 minutos aproximadamente.
O lugar onde se faga a actuación ten que ter unha altura minima de 2,70m, se é posible evitando as tarimas, un enchufe e carecer de eco.
Teño que rexeitar as funcións en Polideportivos, xa que debido as condicións acústicas destes lugares, faise imposible a representación por ser espectáculos moi participativos.
É de agradecer que naqueles lugares onde sexa complicado aparcar, me fagan un oco para deixar o coche, xa que me facilita moito o traballo.
Se ten algunha dubida chámeme o 609836170 (Xan)