ESPECTÁCULOS EN CARTEL
NECESIDADES TECNICAS (Para os tres espectáculos)
Duración: Debido a participación dos nenos nos espectáculos a duración é aproximadamente de 40 minutos.
Toma corrente electrica de 220 V. (Un enchufe normal)
Altura 2,70m. Ancho 3m. Fondo 3 m.(Mellor sen tarima)
Locales sen eco (Imposible actuar en polidepoetivos).
TÉCNICA DE TÍTERES
Bocones (Tipo Teleñecos ou Lunis). Basado no movemento da boca en sicronización co texto.
Manteñen conversas co público en improvisación.
AUTOR:
Os tres contos son versión adaptadas para esta técnica de títeres por XAN PÉREZ
O PARRULO FEO


SINOPSE:
A Cisne Sofia busca un niño onde poñer o seu ovo, e atopa un xusto o lado bo burato do "Mostruo do Burato", gran coleccionista de ovos. A parrula Gloria fixo un niño para poñer os seus dous ovos, e pídelle a Canelo que os coide mentras ela vai facer unhas cousas. E a partir de aqui..... vaia lio.
PERSOAXES:
SOFIA (Mama Cisne), MONSTRUO DO "BURATO"", O PARRULO FEO (Ainda ovo), CANELO (O can traste que fai de todo un desastre), GLORIA (Mama Parrula), PARRULO (Fillo deGloria), O PARRULO FEO (Como cisne)
PEDRO E O LOBO

SINOPSE: Pedro está moi aburrido coidando ovellas el só, pero a aparición de Guff, un can que quere ser pastor coma os alemans , fai que a rutina diaria sexa mais levadeira. Pedro aprenderalle a ser pastor para que lle axude a protexer as ovellas do lobo, que está moi famento.
PERSOAXES: Pedro, Belinda (ovella), Lupus (Lobo), Mauricio (Pai de Pedro), Guff (Can), Rato Pérez.. Todos eles manipulados e interpretados por Xan Pérez
O SAPO ENCANTADO


SINOPSE: Leticia todo noticia, informa sobre o terrible meigallo que sufre o Principe Croberto, convertido en sapo pola Meiga Maleira. Voltará a ter apariencia de principe se consigue que unha princesa lle de un bico de amor. Os nenos e nenas teñen a misión de que a princesa Narcisa lle de un bico de amor ó principe Croberto que ten forma de sapo.
PERSOAXES: Leticia todo Noticia, Meiga Maleira, Principe Croberto, Princesa Narcisa.